Dado que comeza o periodo escolar e todos os nosos horarios se ven trastocados coa próxima chegada do outono, o CeMIT de Padrón adáptase as necesidades e horarios dos seus usuarios. Por este motivo, a partir do xoves 1 de setembro (inclusive), abrirá as súas portas en horario continuo de tres da tarde (15:00 horas) as dez da noite (22:00 horas), todos os días de luns a venres.
Deste modo, esperamos dar cobertura e facilidade tanto a nenos, adultos como maiores, para poder aproveitar os recursos humanos e materiais que ofrece a aula:
- Acceder á "Aula Aberta", libre e gratuitamente, para conectarse á rede (Internet) nos horarios establecidos a través dos 11 postos de mesa dispoñibles .
- Conectarse a rede Wifi, en toda as súas instalacións, habilitando un espazo (sala Wifi) para que os usuario/as poidan acercarse cos seus dispositivos (móviles, ordenadoras portátiles, PDAs, etc) e facer uso da mesma.
E por suposto, facilitar na medida do posible asistir ás diversas actividades in/formativas para favorecer a alfabetización dixital e o desenvolvemento da sociedade da información por parte da cidadanía, a través dos diversos cursos que se imparten gratuítamente no teu cemit: Achégate a coñecelos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario