A próxima semana, concretamente os días 26, 27, 28 e 29 en horario de 16:30 a 19:00 horas, terá lugar o curso do Centro Mulimedia de Galicia de creación de videoxogos a través do cal se ofrece unha aproximación ao mundo dos videoxogos analizando contigo as distintas fases presentes na creación dos mesmos. Estes son algúns dos temas a desenvolver ao longo da actividade:
- Como é o proceso de produción dun videoxogo.
- Características dun equipo de desenvolvemento de videoxogos. Que debo estudar?
- As plataformas e a distribución.
- A programación.
- Apartado gráfico (deseño, 3D ou 2D, animación, etc.).
- A xogabilidade e a “chispa” dun videoxogo.
- Historia dos videoxogos (30 anos de produción internacional e galega).
- Canles de comercialización accesibles a proxectos independentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario