Seguimos con cursos de ofimática

Esta semana, 20, 21 e 22 de setembro, tivo lugar o curso “Procesador de textos LibreOffice Writer: aprende a redactar un texto e darlle forma o teu gusto” dirixido a persoas de calquer idade con nocións básicas no uso do ordenador. Con este curso, os asistentes aprenderon o manexo básico de un procesador de textos. Concretamente, aprenderon a escribir unha carta e darlle forma ao seu gusto, gardar un documento no ordenador e ordenalo en carpetas, facer un cartel para anunciar algo, redactar un texto complexo con imaxes,  realizar táboas, etc... En xeral aprenderon a escribir un texto e darlle formato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario