O mes de outubro arranca en Padrón cun taller de mecanografía

Dende o luns 3 de outubro, e todos os luns, mércores e venres deste mes en horario de 20:30 a 22:00 a aula CeMIT de Padrón imparte un curso de mecanografía (dactilografía) que permitirá aos asistentes a colocar ben o corpo: dedos, muñecas, ollos, cervicais, costas... así coma corrixir o costume de forzar só un ou dous dedos e ter que ir mirando ao teclado e á pantalla, forzando de paso as cervicais e a vista.


A través deste curso, preténdese non só reducir erros de tecleo senón a aumentar a túa concentración no que escribes. Deixarás de pensar no teclado. Como cando falas, que non pensas nas cordas vocais. Pois igual, se sabes mecanografía, lerás por pantalla o que pensas, directamente, sen dedicar enerxía nin a escribir, nin a mirar o teclado e volver á pantalla, nin sequera en mover os dedos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario