"¿Qué é iso da Administración electrónica? o que a internet pode facer por min".

O martes 8 de novembro, deu comezo o curso de alfabetización dixital "¿Qué é iso da Administración electrónica? o que a internet pode facer por min". Nel, os asistentes´poderán iniciarse na navegación polos diferentes espazos do portal do 060 e identificar os trámites que podemos realizar gratuita e cómodamente sentados no sofá da nosa casa o da tua aula CeMIT: Pedir cita no centro médico, facer unha denuncia ante a policía nacional, consultar o teu saldo de puntos do carnet de conducir, sacar planos das túas propiedades (fincas, pisos, etc) do catastro, etc.

O curso estase a realizar os martes en horario de 18:00 a 19:00 horas, e aínda quedan 6 prazas vacantes, polo que todo aquel que desexe facer máis sinxelos os seus trámites coa Administración Pública, xa sexa a nivel estatal, autonómico ou local, apuntádevos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario