2º CHARLA: XERACIÓN E MADURACIÓN DE IDEAS PARA CREAR A TÚA EMPRESA




  • Días: Xoves: Día 18 de xullo
  • Horario: 09:30 h – 14:00h
  • Descrición do cursoEsta segunda sesión denominada "Xeración e maduración de ideas" pretende ser a continuación da primeira sesión realizada o venres 29 de xuño e a cal levaba o título de “Motivando ao emprendedor”. Estas sesións pretenden ser unha guía para orientar ás mulleres que estean a valorar a posibilidade de emprender un negocio e axudarlles a establecer as pautas do que se deben facer antes de lanzarse á aventura de emprender. Nesta liña, na primeira sesión fíxose especial fincapé sobre a figura da persoa emprendedora, pedra angular dos proxectos de empresa, e analizarase a importancia das súas aptitudes actitudes no seu futuro éxito.
Nesta segunda sesión, é o momento de abordar outro dos puntos importantes será a “idea”, cuxa calidade e grao de maduración determinarán a viabilidade posterior da iniciativa empresarial.
Por último tratarase o tema de cómo levar a cabo o proxecto, a importancia de elaborar o plano de empresa e as necesidades dos emprendedores e os recursos ao seu alcance.
Esta segunda toma de contacto na sesión " Xeración e maduración de ideas " que terá lugar o mércores 18 de xullo na Aula CeMIT de Padrónde 09:30 a 14:00 h horas (a cal se reforzará) con novas charlas/seminarios , é ten como obxectivo definir as ideas emprendedoras que xurdidas na primeira sesión do seminario, para poder entrar na seguinte fase á hora de crear un negocio.
Este seminario está dirixido especialmente as mulleres.  Se valoras montar o teu propio negocio, esta pode ser a oportunidade para por na balanza os pros e contras de ser a túa propia xefa
Recorda: A túa idea pode ser o trampolín cara a túa empresa...
Se estás interesada podes inscribirte: 
Na web do CeMIT:
Na Aula CeMIT de Padrón
Rúa Mollet del Vallés 15900  Padrón (A Coruña)
Chamando ao número:
M. 673 658 009 
Enviando un correo electrónico a :

No hay comentarios:

Publicar un comentario