Vendes en internet?: O teu negocio sen límite

O próximo xoves 21 de marzo na Aula CeMIT de Padrón , vaise a retransmitir por videconferencia dende a sede do Centro Demostrador TIC de Galicia (CDTIC) situado en Santiago de Compostela en horario de 09:45 a 20:00 horas unha "sesion formativa para impulsar o comercio electrónico entre as PEMES e autónomos do sector de artigos de vestir e calzado" na que as asistentes recibirán formación práctica sobre cómo por en marcha unha tenda virtual.

Sesión formativa para impulsar o comercio electrónico entre as PEMES e autónomos do sector de artigos del vestir e calzado, de carácter gratuíto, sobre as claves para por en marcha ou rentabilizar un negocio na internet. Na sesión formativa abordaránse os diferentes aspectos que é necesario ter en conta para xestionar un negocio na internet, dende cómo crear unha marca e sacar o máximo partido ás redes sociais e a web 2.0., a cómo organizar a loxística do negocio online, sen olvidar a fiscalidade ou normativa pola que se rixe o eCommerce e as plataformas tecnolóxicas existentes.

Para acceder á axenda do evento picha aquí





Iniciativa promovida pola Secretaría de Estado de Telecomunicaciones e para a Sociedade da Información (SETSI), a través da entidade pública empresarial red.es
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Padrón sita na Rúa Mollet del Vallés 4-6, a través das páxinas web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 673.65.80.09, ou enviar un correo electrónico ao enderezo:

Axente TIC

Beatriz Calvo Cobas
Fonte: Axente TIC

No hay comentarios:

Publicar un comentario