A
Oficina de Igualdade e Benestar de Ames, pertencente ao Consorcio
Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, imparte na Aula CeMIT de
Padrón un curso de Busca Activa de Emprego na rede a persoas
dos concellos de Padrón e Dodro que están a participar no II
Plan Galego de Inclusión Social e que teñen incluída dita acción
formativa nos seus Itinerarios Personalizados de Inserción, co
obxectivo de mellorar as súas posibilidades de inserción
sociolaboral.
Dito
curso impartirase os días 13, 14, 18, 19 e 20 de xuño en
horario de 10:15 a 12:45 horas; para un total de 10 persoas
aproxidamente seleccionadas previamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario