AGADER, NO MARCO DE COLABORACIÓN COA AMTEGA, CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA FOMENTAR O USO DAS TIC EN MICROEMPRESAS DO RURAL GALEGO
O Diario Oficial de Galicia está a piques de publicar a Resolución do 27 de febreiro de 2014 pola que se convocan as
subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia
promovidos por microempresas para o uso das Tecnoloxías da Información e
as Comunicacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de
Galicia 2007-2013,
O
apoio de AGADER, e neste caso co apoio da AMTEGA, ao desenvolvemento
rural galego materialízase, entre outras accións, ao través da
concesión de subvencións, en réxime de concurrencia competitiva, para
actuacións de fomento do uso das Tecnoloxías da Información e as
Comunicacións
Os beneficiarios poden ser as
microempresas que desenvolvan a súa actuación no rural galego, entendo por tal todo o territorio de Galicia, agás as zonas incluídas nos perímetros urbanos das sete grandes cidades.
As axudas poden chegar ata un
máximo do 50% dos investimentos subvencionables, sendo o máximo de subvención por beneficiario de 30.000 €.
As
axudas están destinadas a implantación de equipamento físico (hardware)
e aplicacións informáticas (software), para que aproveiten as
Tecnoloxías
da Información e as Comunicacións (TIC) xunto con acceso a internet de
calidade, no seu proceso de negocio.
Se consideran
subvencionables os seguintes conceptos:
1º.
Equipos electrónicos da rede de datos de área local (LAN) da empresa:
ordenadores servidores da rede, equipos de
comunicacións en rede de cobre ou óptica (switches, routers,
amplificadores, etc), equipos de comunicacións de rede sen fíos (puntos
de acceso, concentradores, etc).
2º. Equipos para a seguridade da rede de datos da empresa: dispositivos fixos de almacenamento da información e barreiras
de seguridad (firewalls).
3º. Elementos do cableado estruturado: cable de datos trenzado, fibra óptica, tomas de rede, armarios bastidores, sistemas
de alimentación ininterrompida (SAI) nos bastidores, certificacións da rede de cobre ou óptica
4º. Subministro e instalación de licenzas de software no equipamento hardware do solicitante.
Non sendo subvencionables os seguintes:
1º. Páxinas web.
2º. Licenzas de software ofimático (procesador textos, cálculo, presentacións, fotografía, debuxo.)
3º. Elementos de usuario (ordenadores persoais, SAIs de usuario, termináis móbiles, tabletas PC, cámaras de vídeo ou fotografía,
etc.) e outros equipos de uso individual ou compartido (impresoras, fotocopiadoras, escáner, etc.).
4º. Elementos de rede de datos, cableado e rede sin fíos que non sexan para uso exclusivo e interno da empresa solicitante.
5º. Elementos funxibles ou removibles (discos, cintas, etc.) ou gastos xerais.
6º. Servizos de mantemento ou garantía adicional sobre os elementos adquiridos.
7º. Conceptos tales como cotas de conexión, mantemento ou hospedaxe.
8º.
Calquera gasto respecto do cal non sexa posible identificar o alcance
concreto do mesmo, tipo de subministro, características
técnicas diferenciadoras, ou no que figuren incluídos e sen cuantificar
outros gastos non subvencionables.
O prazo de
presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día
seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG e o prazo límite para a
execución e xustificación dos proxectos subvencionados será o 30 de
agosto de 2014.
Máis
detalles sobre os requisitos presentación de solicitudes, documentación
a presentar, baremo, etc. pode consultarse nas bases reguladoras
da convocatoria (DOG nº 87, do 7 de maio de 2013) e máis na
convocatoria que en breve sairá publicada, tamén no DOG, ademais do
tlfno. 981 547 382 de Agader.
No hay comentarios:
Publicar un comentario