Se non estás inscrito, faino xa!! Recordavos as persoas interesadas en participar nestes programas formativos que debedes formalizar a vosa inscrición a través da seguinte ligazón da páxina web de Voluntariado (polo tema de expedición de certificados) indicando a aula CeMIT a través da cal seguiredes o curso:
http://www.voluntariadogalego.org/ apartado “Formación”
http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur
Ten en conta que ao alumnado que non figure inscrito na páxina de Voluntariado, non se lle expedirá o certificado de asistencia
Asemade recoméndovos botar unha ollada aos programas detallados dos 4 módulos formativas que van a ter lugar durante 4 tardes do xoves e venres dos meses de xuño e xullo [ dentro do programa formativo para 2014 do Programa Voluntariado Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia Amtega]
No hay comentarios:
Publicar un comentario