
Por niveis, as actividades que o compoñen abranguen un amplo abano de idades que van dende os 7 anos ata a idade adulta. En función da súa idade, os seus coñecementos e os seus intereses e obxectivos, cada usuario avanzará de acordo cun ritmo persoal de aprendizaxe.
Os xogos traballan diferentes aspectos do proceso de aprendizaxe e poden ser agrupados tipoloxicamente nos seguintes grupos:
- Xogos de discriminación visual.
- Xogos de memorización.
- Xogos de recoñecementos de formas.
- Xogos de asociación lóxica.
- Xogos de vocabulario, etc.
A duración de cada un varía en función do ritmo de aprendizaxe e motivación do usuario. Non hai presión de tempo e en calquera momento se pode interromper unha actividade e pasar a outra ou saír definitivamente do xogo.
O obxectivo é que os rapaces se familiaricen con cuestións xerais e básicas acerca da peregrinación, obxectos necesarios e vistas ou monumentos que se ofrecen no Camiño, exercicios sobre gastronomía típica das rexións por onde transcorre o camiño, atavíos característicos do peregrino os seus nomes, etc.
A actividade terá lugar o martes 8 e o xoves 15 de xullo en horario de 19 a 21 h na aula CeMIT de Padrón. A data límite para a inscrición e o 7 de xullo.
Non esperes máis!: Realiza agora mesmo a túa matriculación e inscrición na nosa aplicación on line, pinchando AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario