Faladoiro dixital de "Faite Dixit@l!" - As aplicacións móbiles ao servizo da cidadanía
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), no marco do proxecto Faite Dixit@l!, invítao ao faladoiro dixital:
AS APLICACIÓNS MÓBILES AO SERVIZO DA CIDADANÍA que se celebrará o próximo martes, 25 de novembro, en horario de 18:30 a 20:30 horas, no Centro de Novas Tecnoloxías en Santiago de Compostela.
http://www.faitedixital.es/galego/casos-éxito/apps-móbiles/
Este faladoiro pretende amosar casos de éxito, onde varios poñentes compartirán as súas experiencias en torno ao desenvolvemento de aplicacións móbiles: como lograron facer do uso das novas tecnoloxías a clave do seu éxito, como superaron as dificultades e que beneficios reportáronlles.
A participación é libre e gratuíta ata completar o aforamento. Inscríbase aquí. http://www.faitedixital.es/galego/participa/formulario-casos-de-éxito-apps/
Poderá seguir o Faladoiro vía Streaming a través da páxina web da Rede de Centros de Modernización e Inclusión Tecnolóxica, Rede CeMIT http://cemit.xunta.es/
Máis información en: www.faitedixital.es
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario