TESTEO SUPERADO!!!


Hoxe apetéceme compartir convosco una gran nova da que me sinto moi orgullosa.
Como recordades dende a Aula CeMIT do Concello Padrón prentedemos dar resposta a 2 importantes desafíos detectados aos que se enfronta actualmente o grupo de usuarios da Asociación AMIPA, coa idea de dar unha mellor e máis efectiva resposta as súas necesidades :

  • Establecer un sistema de autenticación alternativo nos PCs da aula, adaptado a persoas con necesidades específicas (discapacidade intelectual), con ou sen competencias en lectoescritura.
  • Desenvolver un perfil de escritorio accesible cognitivamente, mediante a presentación en pictogramas, das principais ferramentas e aplicacións utilizadas polas persoas con discapacidade intelectual (PcDI) usuarias da Aula CeMIT de Padrón.
Pois ben, a versión do prototipo do escritorio adaptado mediante a presentación de pictogramas a persoas sen lectoescritura prototipado o 4 de novembro no Hackatón de celebrado en Padrón atopase validada e testeada polos usuarios AMIPA. Está dispoñible en http://padron-cemit.balidea.com/index.html#.






 Asimesmo, a modificación do actual sistema de autentificación [Usuario/ contrasinal] aos pcs da aula, a través de CÓDIGO QR na máquina virtual, tamén o testeamos onte, mércores 16 de decembro, así que xa é posible autenticarse de forma alternativa :-)
Tres foron as principais empresas participantes nos prototipados: Balidea prototipando o escritorio adaptado con 4 profesionais axudado por unha voluntaria optometrista, Plexus liderou o acceso inicial sistema QR cun gran profesional e dúas persoas da oficina de SWL e Librebit ,empresa da asociación de Agasol, realizou voluntariamente todo o asesoramento en temas de LDAP e correcto funcionamento da Rede CeMIt. Especial mención tamén ao equipo liderado pola asociación Recuncho Maiker Compostela que está a traballar noutro prototipo de accesibilidade.
Sin dúbida este proxecto é un exemplo de boa práctica de Innovación social dixital da que todos estamos moi orgullosos e que é unha maneira importante de pechar este ano 2015.
O meu máis sinceiro recoñecemento a todas as persoas implicadas, sen vos non houbese sido posible, cun especial recoñecemento ao Concello de Padrón pola súa aposta na Aula CeMIT e na cobertura das necesitades da súa cidadanía, á Xefa do Departamento de Sociedade da Información pola súa implicación, a Ana Alvarez de Fundetec e como non a os usuarios e profesionais de AMIPA
Grazas e felices Festas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario