A Aula CeMIT do Concello de Padrón imparte na primera semana de agosto dous cursos de alfabetización dixital

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Padrón imparte na primeira semana do mes de agosto dous cursos de alfabetización dixital:
  • O 2, 3 e 4 de agosto o curso “Alfabetización dixital: Inicio á fotografía con cámara dixital”, co que se pretende: Explicar en que consiste unha cámara fotográfica dixital. Identificar os distintos tipos de cámaras dixitais. Comprender as vantaxes de ter unha cámara dixital respecto dunha convencional. Seleccionar as características técnicas que debe ter unha cámara dixital en función do uso previsto. Realizar fotografías con calidade e finalmente, descargar as fotografías e gardalas cunha resolución axeitada. O horario será de 16:00 a 17:30 horas.
  • O 5 de agosto celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Trámites electrónicos (oficina virtual). Seguridade Social, Axencia Tributaria, solicitude de cita médica”, co que se pretende: Explicar que é a Administración electrónica. Comprender que é un certificado dixital e cales son os pasos para obtelo. Coñecer os trámites electrónicos que ofrecen as Administracións públicas. Realizar algúns trámites coas distintas Administracións. O horario será de 16:00 a 18:00 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario