CeMIT. Padrón, presenta dous novos cursos formativos na segunda quincena de agosto


Os cursos presenciais que se presentan na semana do 9 ao 12 de agosto (ámbolos dous incluídos) son os seguientes:
  • O 9, 10 e 11 de agosto o curso “Alfabetización dixital: Correo electrónico (Webmail), co que se pretende: Saber que é o correo electrónico e como funciona. Identificar as distintas formas de acceder ao correo (cliente e webmail). Aprender a redactar, enviar e recibir correos electrónicos. Enviar e recibir documentos adxuntos. Organizar o correo recibido. Xestionar contactos. Configurar respostas automáticas. Aprender a crear sinaturas. O horario será de 16:00 a 17:30 horas.
  • O 12 de agosto o curso “Alfabetización dixital: Realiza e garda copias de seguridade do teu negocio, co que se pretende: Recoñecer a necesidade de facer copias de seguridade. Identificar que datos cómpre almacenar. Planificar as copias de seguridade como unha tarefa máis no teu fogar, na túa empresa, no teu traballo, etc. Elixir o medio de almacenamento axeitado. Realizar un almacenamento seguro das copias de seguridade. O horario será de 16:00 a 18:00 horas.
    Participa!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario