101 usuarios pasaron pola nosa aula

Estamos de noraboa. Tras dous meses e un día de apertura, a aula CeMIT do Concello de Padrón deu servizo gratuítamente a un total de 101 usuarios ata o día de hoxe, ofrecendo as súas instalacións e persoal humano, na atención, asesoramento e formación de todos aqueles que se acercaron ata a rúa Mollet del Vallés 6. Esperamos seguir engordando esta cifra, polo vos que vos esperamos no CeMIT de Padrón. Visitádenos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario