O CeMIT DE PADRÓN ABRE O MES DE SETEMBRO COA INICIACIÓN A INFORMÁTICA


 
O mes de setembro arranca cun curso especialmente dirixido a todos aquelas persoas que por unha razón ou outra nunca utilizaron o ordenador e desexan iniciarse no seu uso:PRIMEIROS PASOS NA INFORMÁTICA E NA INTERNET”.
Os asistentes aprenderán o manexo básico dun ordenador, a navegar por internet e crear e xestionar unha conta de correo electrónico en apenas tres días o: 13, 14 e 15 de setembro
  • Horario: 20:00 h – 21:30 h
  • Comezo da inscrición:1 de setembro
  • Fin da inscrición: 12 de setembro
  • Nº de prazas: 11
      
    Xa non tes excusa, para non manexar o ordenador. Apúntate!

No hay comentarios:

Publicar un comentario