“CREACIÓN DE WEBS POR DISPOSITIVOS MÓVILES (30 horas) + Diploma acreditativo”

Como xa estarás enterado, o teu CeMITde Padrón, realiza cursos básicos e máis avanzados. Fai pouco levouse a cabo polo Centro Multimedia de Galicia, o curso de creación de videoxogos (30 h) con diploma acreditativo.

Para este mes de outubro, impartirase o curso:

“ CREACIÓN DE WEBS POR DISPOSITIVOS MÓVILES (30 horas) ”
(8 horas presenciais + 22 horas de traballo on-line)

¿Cando?: días 24,25,26 e 27 (outubro) 
Horario: 16:30 h – 19:00 h
Comezo da inscrición: 1 de outubro
Fin da inscrición: 10 de outubro
Nº de prazas: 11



¿Que aprenderás?

Terás unha idea clara de como planificar o deseño dun sitio web orientado ás plataformas móbiles. Serás capaz de independizar os contidos do deseño e facer que este último se adapte aos principais dispositivos que existen no mercado; ademais falaremos das peculiaridades da web móbil fronte ao deseño web tradicional.

Estes son algúns dos temas a desenvolver ao longo da actividade:

✔ Deseño para plataformas móbiles. Entendendo por que é diferente e deseñando de xeito efectivo para os principais dispositivos; iPhone, Android e RIM Blackberry.
✔ Estado actual e convivencia de aproximacións.
✔ Elixindo unha estratexia para o deseño.
✔ Diferenzas entre as plataformas principais.
✔ Deseño web práctico seguindo os estándares.
✔ Creando o noso primeiro sitio web móbil.
✔ Estándares de construción e deseño orientados á web móbil.
✔ Deseñando para distintos dispositivos.
✔ Creación dun sitio web e publicación do mesmo.
✔ Elementos multimedia na web móbil.

Requisitos: É preciso:
✔ Ter coñecementos de desenvolvemento de web tradicional con HTML e estilos.
✔ Comprender a diferenza entre contido e visualización e ter deseñado sen usar táboas.

Máis información:
➔ Contarás coa axuda dun titor on-line para resolver calquera tipo de dúbida sobre a actividade e
os seus contidos.
➔ Poderás contactar co titor por teléfono, correo electrónico, a través da plataforma de
teleformación, etc.
➔ Disporás de clases presenciais co experto na materia para debater, lanzar preguntas, etc.
➔ Ao finalizar a actividade recibirás o teu diploma acreditativo.
➔ Infórmate e inscríbete ata o 10 de outubro de 2011 en:
                      http://cemit.xunta.es/
                      formacion-cemit@xunta.es ou no 902 222 321

No hay comentarios:

Publicar un comentario