Sabemos que a moita xente lle gustaría aprender a escribir no ordenador, pero parecelle compricado, dalle preguiza ou simplemente non atopa un oco.
Este mes de outubro, terminaronse as excusas, porque moi preto de ti impartiráse o “TALLER DE MECANOGRAFÍA (I): Aprende a teclear con animacións e palabras bonitas ”, onde aprenderás a colocar ben o corpo: dedos, muñecas, ollos, cervicais, costas... todos os luns , mércores e venres de outubro de 20:30 h – 22:00 h
Un curso de mecanografía (dactilografía) que che permitirá corrixir o costume de forzar só un ou dous dedos e ter que ir mirando ao teclado e á pantalla, forzando de paso as cervicais e a vista.
Non só reducirás erros de tecleo senón que aumentará a túa concentración no que escribes. Deixarás de pensar no teclado. Como cando falas, que non pensas nas cordas vocais. Pois igual, se sabes mecanografía, lerás por pantalla o que pensas, directamente, sen dedicar enerxía nin a escribir, nin a mirar o teclado e volver á pantalla, nin sequera en mover os dedos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario