A Rede de Aulas para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de
Galicia (CeMIT) da Xunta conta desde o 14 de maio do 2012 cunha web
renovada (http://cemit.xunta.es/) que simplifica o acceso a toda a información relacionada
coas actividades dos seus 98 centros (entre os que se atopa o de Padrón) e incorpora novos servizos, que
facilitan os trámites online aos usuarios.
O novo portal da Rede Cemit permite a aos cidadáns solicitar a
súa alta como usuarios online, e reservar praza nas distintas
actividades programadas de calquera das aulas CeMIT distribuidas pola nosa Comunidade (Galicia), chegándolle a confirmación da matrícula
vía email. Outra das novidades é que os usuarios da Rede poderán
ver o seu historial académico e cumprimentar as enquisas de
satisfacción asociadas ás actividades nas que participaron a través
da web.
Ademais, as melloras no portal permiten unha actualización a
tempo real das actividades programadas dentro das aulas da Rede. Con
esta novidades alcánzase unha automatización dos procesos de
xestión e un maior achegamento a toda a cidadanía. Podes informarte
acerca do uso da Web no documento adxunto:
Por todo isto, anímote a que lle botes unha ollada a estes sinxelo MANUAL DE USO da Nova
versión da Web CeMIT,co que podas xestionar máis eficientemente o uso da tua Aula CeMIT.
No hay comentarios:
Publicar un comentario