- Web oficial da Libre Software World Conference 2012.
- A LSWC 2012 será o maior evento celebrado en España sobre o software libre cun enfoque profesional e empresarial.
- A cita coas voces a actualidade, os proxectos de futuro e as últimas novidades do software libre a nivel mundial será o 18 e 19 de outubro na Cidade da Cultura.

A Asociación de empresas galegas de software libre vén e asumir a organización do evento máis importante sobre software libre que se celebrará en España neste ano. Será a
Libre Software World Conference 2012 -LSWC-, que contará co apoio constante de Asolif para converter dous días de encontro nunha importante ferramenta de divulgación de novidades, intercambio de coñecemento
e proxectos de futuro en torno ao software libre.
O último precedente dun evento destas
características foi a LSWC 2011 que se celebrou en Zaragoza. Tralo éxito
da súa organización, agora é AGASOL a que asume a tarefa de traer á
capital galega o foco de atención de empresarios
e profesionais do software libre e dos seus ámbitos de actuación
durante dous días de traballo. A cita será na
Cidade da Cultura de Galicia, os días 18 e 19 de outubro.
O presidente de AGASOL, Alejandro Escobar,
destacou que “a organización da LSWC 2012 é un reto para AGASOL e tamén
unha oportunidade para dar a coñecer a boa saúde do software libre en
Galicia,
buscar pontes para futuras colaboracións a nivel internacional, e
facilitar un espazo para compartir coñecemento no que participen
expertos, empresarios, institucións e a propia cidadanía”.
Neste evento, no que
participarán expertos, empresarios, institucións e a propia cidadanía
será, seguindo a filosofía que caracteriza ao software libre, un evento
público e aberto, deseñado como fonte de solucións
baseadas en sofware libre. Todos os detalles e o seguimento previo a
este evento internacional, que atraerá a Santiago a ollada de expertos
de todo o mundo, poden seguirse xa na
web oficial da Libre Software World Conference 2012.
Non podes faltar!! E como no pode ser de outra forma, o concello de Padrón estará neste evento representado na figura da súa Axente TIC.
No hay comentarios:
Publicar un comentario