O CeMIT de Padrón retoma a partir de novembro o curso de iniciación á
informáticas dirixido a persoas con Síndrome de Down e outras
necesidades educativas especiais da Asociación de Nais e Pais de Persoas
con Discapacidade Intelectual, AMIPA, que desexan formarse no uso do
ordenador e outras tecnoloxías.
O curso, ofrece un conxunto de actividades multimedia destinadas a
ensinar a persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual nas
habilidades máis importantes para pensar e aprender. As actividades que
inclúe tamén pretenden profundar na ensinanza da tecnoloxía e a
informática e reforzar diferentes procesos cognitivos como a
discriminación visual, a atención, o razoamento e a memoria.
Co fin de familiarizar aos alumnos coas ferramentas tecnolóxicas
básicas, o curso dispón de exercicios que axudan a identificar e
diferenciar programas informáticos básicos como procesadores de textos,
presentacións, etc., ademais de explicar a os usuarios cales son as
funciones de Internet e o correo electrónico, conformándose así nun
conxunto de ferramentas específicas que favorecen la apertura de novos
camiños para la integración social, educativa e laboral das persoas con
Síndrome de Down e discapacidade intelectual, a través del acceso a las
TIC.
O obxectivo final deste curso, por tanto, é favorecer a integración social, educativa e laboral destas
persoas. O curso, está dirixido tanto á formación de persoas con Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual como aos seus familiares que desexen aprender informática.
No hay comentarios:
Publicar un comentario