Está impulsado por Fundetec e desenvólvese en Galicia a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica en colaboración co IGAPE, a Consellería de Traballo e Benestar e a Secretaría Xeral da Igualdade.
O itinerario formativo consta de tres fases con charlas informativas sobre a posta en marcha dun proxecto empresarial, cursos de fotografía dixital e unha plataforma web con múltiples servizos e asesoramento titorizado para as usuarias.
Santiago, 28 de xaneiro de 2013.
Un total de 266 mulleres desempregadas de zonas rurais e procedentes de
barrios obreiros ou periféricos das cidades participan na iniciativa
“Miradas de Muller” que ten como obxectivo fomentar o autoemprego e o
emprendemento a través da fotografía dixital.
Este proxecto, que comeza o 31 de xaneiro e chegará a 35 concellos galegos a través da Rede de Aulas CeMIT, está a apoiado por Fundetec xunto coa Federación Deglobé e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e desenvólvese en Galicia a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, a Secretaría Xeral da Igualdade e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
Charlas informativasA primeira fase do proxecto,
que comeza o vindeiro xoves, é a de motivación ao emprendemento na que,
a través de charlas impartidas por profesionais do IGAPE, se orientará
as participantes sobre como transformar as súas ideas no campo da
fotografía en proxectos empresariais. Nesta charla contarase tamén coa
presenza de mulleres referentes no mundo da fotografía para amosar a súa
experiencia e resolver todas as dúbidas das asistentes.Esta formación impartirase de xeito presencial nas aulas CeMIT dos
municipios adheridos á iniciativa a través do sistema de
videoconferencia en grupos de cinco ou seis concellos ata o mediados de
febreiro.
Capacitación fotografía dixital
Plataforma online Fundetec
Unha vez completado o itinerario formativo as usuarias terán acceso a unha plataforma web (www.miradasdemujer.com) cun taller creativo sobre técnicas de fotografía e un titor experto que lles axudará a resolver dúbidas.
A plataforma dispón dun banco de imaxes no que poderán publicar as
súas obras para amosar o seu traballo e intercambiar experiencias con
outras participantes. Este espazo online conta tamén cun catálogo
dixital de servizos de autoemprego no que as usuarias poderán publicar
sos servizos fotográficos que ofrecen e os clientes potenciais poderán
expoñer as súas necesidades.
Os servizos da plataforma complétanse con pílulas informativas sobre o
uso de determinados servizos dixitais e cunha comunidade virtual na que
as usuarias poderán crear grupos e na que terán acceso as novidades e
noticias relacionadas coa fotografía.
Finalmente, celebrarase un concurso fotográfico cos traballos
realizados polas participantes, no que un tribunal experto realizará a
elección da gañadora.
Suma de sinerxías
“Miradas de Muller” desenvólvese en Galicia grazas á suma das sinerxías e recursos cos que conta a Administración autonómica: a Rede CeMIT da Axencia para a Modernización Tecnolóxica, os profesionais en formación de emprendedores do IGAPE e a capacidade de difusión da Consellaría de Traballo e Benestar e da Secretaría Xeral da Igualdade a través da rede de técnicos de emprego e dos Centros de Información á Muller.
“Miradas de Muller” desenvólvese en Galicia grazas á suma das sinerxías e recursos cos que conta a Administración autonómica: a Rede CeMIT da Axencia para a Modernización Tecnolóxica, os profesionais en formación de emprendedores do IGAPE e a capacidade de difusión da Consellaría de Traballo e Benestar e da Secretaría Xeral da Igualdade a través da rede de técnicos de emprego e dos Centros de Información á Muller.
*Xúntase listado cos concellos que participan na iniciativa
CONCELLOS INVOLUCRADOS EN “MIRADAS DE MULLER”
|
|||
A CORUÑA
|
LUGO
|
OURENSE
|
PONTEVEDRA
|
A Coruña
|
Burela
|
Celanova
|
A Guarda
|
Arzúa
|
Barreiros
|
Castrelo de Miño
|
Cuntis
|
Ares
|
Lugo
|
Ourense
|
Pontevedra
|
Abegondo
|
Monforte
|
O Barco de Valdeorras
|
Marín
|
As Pontes
|
Xunqueira de Ambía
|
Tomiño
|
|
Betanzos
|
Ribadeo
|
Verín
|
Valga
|
Boiro
|
|||
Mugardos
|
|||
Ortigueira
|
|||
Noia
|
|||
Oroso
|
|||
Ortigueira
|
|||
Padrón
|
|||
Pontedeume
|
|||
Ribeira
|
|||
Sada
|
|||
Santiago
|
|||
San Sadurniño
|
|||
Fonte: Secretaria Xeral de Igualdade
No hay comentarios:
Publicar un comentario