A AULA CEMIT DO CONCELLO DE PADRON CELEBRARÁ NO MES DE FEBREIRO 10 CURSOS DE ALFABETIZACION DIXITAL E UNHA INICIATIVA FORMATIVA PARA O EMPRENDEMENTO FEMININO NO EIDO DA FOTOGRAFÍA DIXITAL


Padrón, 4 de febrero de 2013. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Padrón celebrará 10 cursos formativos de alfabetización dixital nas vindeiras semanas e porá en marcha unha iniciativa para o emprendemento femininino no eido da fotografia dixital.
O mes de febreiro arranca no CeMIT de Padrón coa iniciativa para o emprendemento feminino “Miradas de Muller” organizada pola Axencia para a Modernización e Inclusion Tecnolóxica (AMTEGA) e coa colaboración da Rede CeMIT e o concello de Padrón. Esta iniciativa persegue ofrecer formación e solucións de autoemprego para mulleres desempregadas rurais e/ou emprendedoras procedentes de barrios obreiros ou periféricos das cidades con dificultades de desenvolvemento profesional, para a súa incorporación no mundo empresarial utilizando servizos dixitais no campo da fotografía. Para acadar este obxectivo, a aula CeMIT de Padrón impartirá as seguintes accións in/formativas que porá en marcha en 4 fases:

FASE I: A iniciativa “Miradas de Muller” arranca no CeMIT padrones cunha xornada de presentación o xoves 7 de febreiro de 16:00 a 20:00 horas impartida a través dos sistemas de videoconferencia na que, a data se hoxe, se atopan inscritas 30 mulleres. Nesta xornada, terá lugar: a presentación do proxecto e da plataforma "Miradas de Muller" que se poñerá a disposición das usuarias, a sensibilización das usuarias a través dunha charla sobre motivación ao emprendemento no campo da fotografía dixital e a presentación dun referente en fotografía dixital para que expoña de primeira man as súas experiencias, así como as vantaxes e retos que implica profesionalizarse no mundo da fotografía. 
 
FASE II: A segunda fase desta iniciativa consitirá na impartición na aula CeMIT de Padrón de tres cursos do catálogo de formación CeMIT relacionados co mundo da fotografía dixital, da man súa axente TIC.

Os días 13, 14 e 15 febreiro o curso “MANEXO BÁSICO DUNHA CÁMARA DIXITAL, destinado a persoas sen nocións ou con escasos coñedementos no uso dunha cámara dixital. Este curso, persegue formar as asistentes no uso e manexo dunha camára de fotos a través de contidos transversais como a identificación dos distintos tipos de cámaras existentes no mercado, resolución, tamaño e profundidade do byte, reglas básicas da fotografía, funcións e seleccións dos axustes cos que contan a maioria das cámaras dixitais. Finalmente, abordarse como descargar as nosas fotografías dende a cámara ao PC, usb ou disco duro externo, así como ordealas en cartafoles. O horario será de 18:00 a 19:00 horas.

Asemade, os días 25, 26 e 27 febreiro impartirase o curso Retoque fotográfico, orientado fundamentalmente a aquelas persoas interesadas na formación básica e media das ferramentas de retoque fotográfico que desexen aprender como funciona o software libre Gimp, abrindo vías de formación e emprego, e coñecendo a realidade da posibilidade da ferrameta para o emprego de xeito profesional. Esta actividade ten como obxectivo dotar aos participantes dos coñecementose prácticas necesarios para a manipulación de imaxes dixitais, obtidas por medio de escáneres ou cámaras dixitais, a través do correcto manexo de todas as posibilidades que ofrece a aplicación informática de software libre Gimp no tratamento de imaxes. Debido a gran afluencia de mulleres inscritas na iniciativa o curso impartirase en dúas quendas: 
  • Horario da quenda de maná será de 11:00 a 13:00 horas, e o
  • Horario da quenda de tarde será de 16:00 a 18:00 horas.

FASE III: A terceira fase desta iniciativa consitirá na inscrición das usuarias na plataforma web "Miradas de Muller" a través da cal p o d er á n levar a cabo un taller de iniciación á fotografia dixital no que terán acceso a p í lu l a s informativas, dispoñerán dun titor/a experto e poderán difundir os seus servizos nunha bolsa de traballo, etc. Neste senso, os días 18,19,20,21,22,25,26,27 e 28 de febreiro reservarase á aula de formación en horario de 18:00 a 19:00 horas a todas aquelas mulleres que dentro desta iniciativa dexesen realizar o taller de iniciación á fotografía nas instalacións do CeMIT, co apoio técnico e formativo da Axente TIC.

FASE IV: Finalmente, a iniciativa para o emprendemento feminino no eido da fotografia dixital cerrase coa participación nun concurso fotográfico -a nivel nacional- a través da plataforma cos traballos realizados polas participantes, no que un tribunal experto realizará a elección da gañadora.

cemit.padron@xunta.es
Axente TIC
Beatriz Calvo Cobas

No hay comentarios:

Publicar un comentario