Mostrando entradas con la etiqueta Formación adultos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Formación adultos. Mostrar todas las entradas

Rematado, na semana do 17 ao 21 de outubro, o curso sobre navegación web

Coma tódolos meses levouse a cabo, na semana do 17 ao 21 de outubro,  un curso especialmente dirixido a todas aquelas persoas que por unha razón ou outra nunca utilizaron o ordenador e desexan iniciarse no seu manexo. 

Desta volta, dito curso deuse en chamar "¿Qué e iso da Internet?", onde os asistentes tomaron contacto co manexo básico dun ordenador (rato e teclado), inciáronse na navegación na rede, buscaron e seleccionaron información que lles interesaba, crearon e aprenderon a xestionar os opcións fundamentais dunha conta de correo electrónico para comunicarse cos seus amigos, familia, etc e finalmente, realizaron algún que outro trámite electrónico coma: solicitar unha cita no médico, consultar o seu saldo de puntos do carné de conducir na DGT, solicitar un informe de vida laboral, pedir cita para pasala ITV, etc.

En definitiva, tomaron contacto coa rede e viron as vantaxes que pode ter para facer a súa vida un pouco máis cómoda. Así, que che quedaron ganas de seguir aprendendo ou desta volta non puideches asistir ao curso, estate atento a próximas convocatorias.